O LUNS FOLGA E MARCHA PROTESTA NA FACULDADE DE C.C.P.P.:

Alejandro Vázquez Lorenzo 1º C.C.P.P. Santiago de Compostela.

O luns está convocada unha folga en protesta pola mala xestión do noso decanato e pola entrada en vigor o curso que vén do Plano de Boloña na faculdade de Ciencias políticas de Santiago de Compostela.

A folga comezará cun piquete ás 08:30 e ás 10:30 sairá dende a xa citada faculdade unha marcha protesta ata a Rectoría da USC, na plaza do obradoiro a cal rematará cá entrega dunhas mil alegacións parciais e dúas totais unha asinada polos estudantes de Ciencias Políticas e outra cá firma do estudantado de outras faculdades da USC.

Este Plano ÍMOLO A PARAR ENTRE TÓDOLOS ESTUDANTES GALEGOS que estuden en Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, A Coruña, Ferrol e por suposto, en Santiago na USC onde están a comezar as protestas e manifestacións por parte da Asamblea Xeral da USC e da faculdade de C.C.P.P.

Espérovos na manifestación do luns na faculdade de Ciencias Políticas de Santiago de Compostela!

07/12/2007 13:55 Autor: yocritico. #. Tema: USC.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.