O BNG denuncia o escandaloso acordo de PP e CxB sobre o Alfonsetti:

”O BNG está de acordo con recuperar o cine para uso público, pero non estamos dispostos a pasar por que haxa que pagarlle 25 millóns de pesetas a ninguén” indicaron. PP e CxB regalan 25 millóns das antigas pesetas por un cine que xa é propiedade municipal.


Betanzos, 21 de decembro de 2007. “Un auténtico escándalo” é a calificación que merece para os nacionalistas o acordo sobre o Cine Alfonsetti adoptado por por PP e CxB no pleno do pasado 19 de decembro. O BNG insiste en que a “propiedade xa é de todos e todas nós” e que non hai que indemnizar aos arrendatarios “polo que poidan deixar de gañar porque como todo Betanzos sabe o cine non funciona desde hai anos, a pesar de que CxB o poña en dúbida”.
  Os nacionalistas recordan que o informe xurídico da Secretaría Xeral do Concello é concluínte ao indicar que é un contrato anual que se pode rescindir “sen pagar un peso” tan só con anunciar, con quince días de antelación ao vencemento, que o Concello non quere renovar o aluguer. “O contrato extinguiríase o 24 de abril de 2008 sen pagar un peso”.


  Desde o BNG tamén inciden no “despropósito” de pagar 143.000 € pola rescisión do contrato cando os inquilinos pagan “pouco máis de 100 € ao ano”. E lembran o estado de conservación do cine nos seus últimos tempos abertos ao público para negar que haxa que pagar por obras de mellora, algo que sosteñen PP e CxB. “Quen gaña con isto?” preguntan.


  O BNG lembra que a única vez que se lle pediu opinión ao BNG sobre o rescate do cine foi no ano 2003. Daquela o BNG manifestou a súa oposición a pagar nin un céntimo por algo que xa é de Betanzos, o que obrigou ao exalcalde Manuel Lagares e o daquela conselleiro Jaime Pita, a deixar o asunto sobre a mesa. A principios deste ano e xa en época plenamente preelectoral Manuel Lagares, sen contar co BNG e sen decidirse en ningún órgano do Concello, presenta na prensa o protocolo coa Deputación. Para os nacionalistas, ese documento é “papel mollado” tanto polo seu carácter electoralista como por ser incorrecto porque “o protocolo fala de rescatar unha concesión e o cine se rixe por un contrato de aluguer”. Cualifican de “rigorosamente falso” o afirmado por PP e CxB de que se non se lle paga agora aos Pita esa cantidade “astronómica” se pode perder a axuda provincial.
26/12/2007 11:36 Autor: yocritico. #. Tema: Noticias.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.